top of page
ELECCIÓNS EUROPEAS 2024
Spot electoral - Motion graphics, edición e montaxe.
Despois da experiencia nas eleccións autonómicas cunha peza de alto contido crítico e humorístico, a seguinte colaboración co Bloque Nacionalista Galego para as Eleccións Europeas 2024 tiña como obxectivo principal producir un imaxinario en positivo e de posta en valor do traballo de Ana Miranda estes anos coma eurodeputada. Nesta ocasión traballamos dous spots diferentes, un primeiro máis "de marca" e un segundo de presentación de candidata.
Ámbolos dous comparten unha mesma idea visual e o resultado amosa que o collage animado pode ser unha ferramenta moi potente e eficaz para a comunicación política.
bottom of page