top of page

CHEGOU O MOMENTO DE CAMBIAR DE RUMBO

Spot de campaña - Guión, edición e animación

Para as eleccións autonómicas galegas de febreiro 2023, tiven a oportunidade de colaborar cun Bloque Nacionalista Galego en auxe, no marco dunha campaña ilusionante que obtivo uns resultados espectaculares. O meu papel consistiu en engadir unha nota de acidez a unha campaña, polo demais, moi propositiva e construtiva. 

A peza foi un desafío creativo de primeira orde e permitiume volver a unha técnica ben traballada por min dende hai anos: a animación con collage. A idea era parodiar o spot de Nadal do PPdeG no que o candidato Alfonso Rueda cruzaba o país nun autobús. Unha vez rematamos a escrita meticulosa do guion, no que houbo un especial coidado no ton da peza, púxenme mans á obra para recrear esa viaxe en bus dunha maneira visualmente suxestiva ao tempo que caricaturesca e paródica.

 

O resultado gustou a quen tiña que gustar e, supoñemos, disgustou a quen tiña que disgustar tamén e dado o número de visualizacións acadadas podemos consideralo un éxito de crítica e público. 

bng (3).png
bng (2).png
bng (4).png
bng (1).png
bottom of page