top of page

O MUNDO DE NORMAN

Video-ensaio - Guión, edición e montaxe

Premio-norman.png

O mundo de Norman é un video-ensaio no que quixen brindar unha homenaxe a un dos meus cineastas favoritos: o canadense Norman McLaren. Foi pensado orixinalmente coma unha peza de divulgación, coma unha porta de entrada ao universo visual de McLaren para non iniciados, facendo un traballo de organización e síntese das súas ideas e intereses. Mais tamén se converteu nun exercicio de estilo e así o ensaio adquiriu unha forma máis visual que textual, con formas que remiten ao cinema primixenio, subliñando o que ten de orixinal e orixinario o cinema experimental de Norman McLaren.

O video-ensaio saíu premiado na sexta edición dos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual, no que o xurado considerou que O mundo de Norman era “un ensaio pensado e traballado dende a imaxe que, identificando constantes na obra do realizador experimental Norman McLaren, permite divulgar o seu cinema cun discurso accesible. Moi ben editado e investigado”.

Norman (3).png
Norman (2).png
Norman (1).png
bottom of page