top of page

FILLAS DE CASSANDRA - MARICARMEN

Videoclip - Animación e montaxe. 

Despois de xirar no verán de 2024 por toda Galicia coa súa versión do ‘Maricarmen’ de La Pegatina, Fillas de Cassandra sacarían a versión de estudio a primeiros de setembro. Para a ocasión querían acompañar o tema cun vídeo que seguise o estilo da portada que fixera para elas Laultimacroqueta. Tiñan a idea moi clara: pinturas clásicas cantando. E aí entrei eu.
 
Dende a primeira conversa estivemos de acordo en que a peza había ser unha “gamberrada elegante” na que tiñan que convivir a solemnidade da arte coa lixeireza do meme. E tras unha exhaustiva busca de materiais de dominio público fomos quen de bosquexar unha narrativa que aproveitase os xiros e os detalles da canción e que, na medida do posible, estivese á altura dela. A cousa funcionou, pero a peza final rematou por ser moito máis gamberra que elegante, para ben de todos.

Maricarmen (2).png
Maricarmen (5).png
Maricarmen (3).png
Maricarmen (1).png
bottom of page