OS 20 DO XX
Webserie documental - Guión, motion graphics, edición e montaxe.
Os 20 do XX foi unha colaboración para a revista dixital Vinte. Trátase dunha proposta orixinal que tiña por obxecto investigar a realidade galega da década da que nos separaba xa un século e, a maiores, ensaiar un formato divulgativo sobre historia e cultura do país visualmente potente.
Despois de levar a cabo unha intensa labor de documentación e recompilación de fotografías, recortes de prensa e diversos elementos gráficos, fun quen de construír o guión de cinco episodios que trataron cinco temáticas salientables da época: a sociedade e a política, as Irmandades da Fala, a literatura, o cinema e o fútbol.
Á hora de leva-lo contido a imaxes, tratei de sintetizar e recrear dalgunha maneira o mundo visual da época. Se ben non estou cen por cen seguro de ter sido rigoroso no fondo (non son historiador) si penso que acadamos unha forma moi axeitada para este tipo de formatos didácticos e con moito percorrido tanto para divulgación xeral como para contidos académicos.