top of page

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. O SOÑO DA GALICIA INFINDA

Webserie documental - Animación e motion graphics

O soño da Galicia infinda foi unha colaboración para a Real Academia Galega con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2022 dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. A peza está producida por Miramemira e guionizada por María Yáñez. O meu papel foi crear as animacións precisas para ilustrar referencias a textos do autor e fragmentos de audio de entrevistas radiofónicas ou para darlle vida a fotografías e recortes de xornal e hemeroteca diversa.

Tamén fun quen de elaborar a cabeceira, seguindo o estilo visual deseñado por Miramemira: un collage de imaxes sobre un lenzo salpicado de trazos e pingas de pintura. Adaptei así as transicións entre elementos coma se fosen un líquido espallándose pola pantalla e creei unha intro diferente para cada un dos episodios en función do seu enfoque ou temática.

Florencio (5).png
Florencio (3).png
Florencio (1).png
Florencio (2).png
Florencio (4).png
bottom of page